Venres, 30 Decembro 2022 20:17

Nuria Castro toma posesión do cargo de presidenta da Federación Galega de Tenis de Mesa

A nova presidenta firmou onte pola mañá a acta de toma de posesión xunto coa Xunta Electoral.

Tralo anuncio do anterior presidente, José Luis Cabaleiro, de non optar á renovación do cargo; Nuria Castro será a primeira muller presidenta na historia da Federación Galega de Tenis de Mesa e gobernará a institución ata 2026 tras impoñerse na votación celebrada o pasado día 12 de decembro con 27 votos dos membros da asemblea xeral, por diante do outro candidato Manuel Pereiro (2 votos). A alta participación rexistrada, tanto nas votacións a membros da Asemblea Xeral, como na elección de presidente, nas que se bateron récords de participación na historia das eleccións á FGTM, é unha sinal de pluralidade e democracia, e amosa o bo momento do tenis de mesa galego.

Dende estas liñas, a nova presidenta quere aproveitar para dar un amplo agradecemento aos asembleístas que a apoiaron, así como aos moitos membros do tenis de mesa galego que nestes días puxéronse en contacto para amosar a súa boa disposición e apoio ó novo proxecto que comeza.

A partir da próxima semana terá lugar a primeira reunión da Xunta Directiva e daranse a coñecer os nomes que a conforman, así como o resto de integrantes do organigrama e equipo de traballo da nova FGTM.

Todos os membros da nova FGTM comezamos a traballar dende este intre con moita enerxía e ilusión. Intentaremos que o cambio de directiva sexa coa maior fluidez e rapidez posible, dentro das nosas posibilidades. Desexamos que esta sexa unha federación aberta, próxima e en constante comunicación cos seus afiliados. Quedamos á vosa enteira disposición para, entre todos, facer un tenis de mesa galego máis grande.

               

                                                                                                                              Felices Festas e Feliz Ano 2023

                                                                                                                   Federación Galega de Tenis de Mesa

Lido 455 veces