Sábado, 23 Decembro 2023 12:26

Liga Galega de Idades

              FGTM 100                

 

Unha vez rematado o prazo de inscripción da Liga Galega de Idades, e como en ningunha categoría se chegou a superar o número de prazas para o Campionato Galego (6), a Comisión Delegada da FGTM acordou:

  1. En tódalas categorías os equipos inscritos na Liga de Idades acadan a súa clasificación automática para o Campinoato Galego da respectiva categoría.
  2. As restantes prazas que puidesen quedar libres nunha determinada categoría serán cubertas polos equipos inscritos nun segundo prazo de inscrición (tras publicación da circular correspondente) e por orde de suma de puntos de ranking dos xogadores/as inscritos nese equipo.

Ver equipos clasificados para os respectivos Campionatos Galegos

 

Lido 192 veces Modificado por derradeira vez o Sábado, 23 Decembro 2023 12:38