Se copia comunicado de la Secretaria Xeral para o Deporte, y se adjunta DOG ORDE do 7 de agosto de 2020 relativa a medidas excepcionales por el Covid -19.
A la vista del mismo, la FGTM sugiere suspender todos los torneos de Tenis de Mesa hasta que cambie la situacion.
Boas noites,
Fai uns minutos publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ORDE do 7 de agosto de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Abegondo, Bergondo, Carral e Sada.
Ante estas novas medidas, a Secretaría Xeral para o Deporte informa a todas as federacións e clubs de Galicia:
Do deber e a responsabilidade de suspender calquera competición ou evento deportivo no que non sexa posible cumprir as novas medidas establecidas pola Xunta para os devanditos territorios.
Da obriga de comunicar á Secretaría Xeral para o Deporte as competicións federadas como así o deben facer semanalmente e cunha antelación de 15 días.
Da necesidade de actuar en todo momento tendo en conta os protocolos aprobados para cada federación para frear o impacto do coronavirus no deporte federado de Galicia.
A Secretaría Xeral para o Deporte quere lembrar, do mesmo xeito, que está a disposición de todo o tecido deportivo de Galicia para todo o que sexa necesario.
Un saúdo
Subdirección Xeral de Plans e Programas
Secretaría Xeral para o Deporte
R/ Madrid 2-4, 2º (Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela
Tfno. 881996359