26/05/2016 - Actualizados os cadros para subsanar un erro no sénior masculino.
25/05/2016 - Debido ás baixas producidas e para tentar que os xogadores/as xoguen o maior número de partidos posibles, é polo que, cambiei os grupos en varias probas, retocando así mesmo os horarios e mesas de case todos.
Aconséllase revisar todas as probas.
Subidos as listaxes co ranking, xa incluídos o Torneo de Ferrol e o Galego Prebenxamín.
19/05/2016 - Actualizadas as listaxes por proba e por club.
Aconséllase revisalos por se aínda hai algún erro sen corrixir
Antonio Lasén (Xuíz Árbitro) no teléfono: 677343968, ou no mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
En principio as probas para disputar serían: benjamín feminino, benjamín masculino, alevín masculino, infantil masculino, veteranos 40 anos.
Tamén as seguintes, agrupando categorías, ao non chegar á cota requirida: Absoluto masculino/feminino, alevín/infantil feminino, xuvenil/sub 23/sénior masculino, veteranos 50 anos/veteranas.
Tendo en conta que os Campionatos Provinciais Escolares Infantís e Cadetes da Coruña, e talvez algunha outra provincia, coinciden o sábado coas probas por categorías, é polo que, o Club Breogán Oleiros para favorecer a participación dos nenos, decidiu cambiar a orde de xogo e permutar o sábado polo domingo. Por tanto, o sábado xogaranse as probas de Absoluto Masculino e Feminino e o domingo o resto de probas, segundo pódese comprobar na correspondente circular subida.
Subida a normativa do XVI Torneo de Tenis de Mesa Breogán Concello de Oleiros, a celebrar os días 28 e 29 de maio de 2016.
O prazo de inscrición finaliza ás 24 horas do día 13 de maio de 2016.