Publicados os grupos da Fase Final que se disputará da seguinte maneira:
Os primeiros de cada grupo xogarán nun grupo de cinco xogadores para dirimir os postos un ao cinco, os segundos de cada grupo para os postos seis ao dez e así sucesivamente.
Ao producirse unha baixa nos segundos de grupo da 1ª Categoría e para racionalizar o mellor posible toda a competición, fíxose o seguinte:
- Deixar todos os grupos con 5 xogadores.
- Ao fallar un dos segundos cabeza de serie colleuse o primeiro terceiro cabeza de serie e substituíuse polo que faltou.
- O terceiro cabeza de serie cambiado, substituíuse polo primeiro cuarto cabeza de serie.
- Por último cambiáronse varios xogadores de grupo para corrixir que non se enfrontasen, no posible, con outros xogadores do seu mesmo club, etc.
A partir deste momento e como todos os grupos están igualados xa non se efectuarán máis cambios.
Os xogadores substituídos están remarcados en vermello.
O novo pavillón de xogo está situado no anexo do Pazo Provincial de deportes, na Avenida Filarmónica s/n - Lugo (motivado por problemas de utilización do anterior pavillón seleccionado).
Pelota de xogo: Joola de celuloide.
Antonio Lasén (Xuíz Árbitro) no teléfono: 677343968, ou no mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Bases do II TORNEO CIDADE DE LUGO.
O prazo de incrición finaliza as 22 horas do 26 de xullo de 2016.