Con motivo de celebrarse o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS TERRITORIAIS INFANTÍS E CADETES coincidindo cos CAMPIONATOS GALEGOS ALEVÍNS E SUB 23, é polo que, a Xunta Directiva da Federación Galega na reunión celebrada no día de onte tomou a decisión de pasar o devandito evento para o día 4/5 DE XUÑO DE 2015.
Todas as entidades que desexen organizar algún campionato galego, teñen que poñerse en contacto coa Federación Galega de Tenis de Mesa, enviando un mail a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., antes das 22:00 horas do día 22 de xaneiro de 2015, onde á parte de achegar todos os trofeos (campión, subcampión e semifinalistas), teranse en conta e valorarán as ofertas que veñan acompañadas da achega de árbitros, auga para os participantes, etc.
As datas de celebración dos distintos campionatos galegos son as seguintes:
- 24/25 de marzo (Campionato Galego Absoluto), 25/26 de marzo (Campionato Galego Benxamín), 26/27 de marzo (Campionato Galego Xuvenil), 27 de marzo (Campionato Galego Sénior)
- 4/5 de xuño (Campionato Galego Alevín e Campionato Galego Sub 23)
- 7/8 de maio (Campionato Galego Infantil e Campionato Galego Veterano.
- 21/22 de maio (Campionato Galego para persoas con Discapacidade Física e Intelectual e Campionato Galego Pre-Benxamín.