Novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.
Documentación que deberán presentar:
- Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
- A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.
- Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
- Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
- As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
- Secretaría xeral para o Deporte
- Urbanización La Rosaleda
- Rúa Ourense, 6
- 15781, Santiago de Compostela
Xuntamos a:
- Normativa reguladora do procedemento
- Modelo de solicitude
- Última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.