Xoves, 02 Setembro 2021 21:11

LICENZAS XOGADE TEMPADA 21-22

Nesta tempada 2021/2022 ao igual que na pasada e en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da  Xunta de Galicia activaremos as licenzas co seguro  XOGADE 6-16, con validez dende o 01/09/2021 ata  o 31/08/2022.

As licenzas serán totalmente gratuitas para os nados nos anos 2006 ata o 2015, ambos incluidos (os que cumplan os 6 anos despois do 01/09/2021, solicitarase a licenza a partires da data de cumplimento) e permitiran participar nas ligas 1ª galega, 2ª galega e 2ª nacional Femenina organizadas pola Federación Galega de Tenis de Mesa; nos campionatos galegos e nos torneos do circuito galego.

Para activar as licenzas e dispoñer do seguro débese enviar o Excel de carga masiva en formato csv (non cambiar o formato) cos datos cubertos (poñer o número de licenza da tempada anterior, o que o teña) e acompañado da autorización do pai/nai/titor ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Calquer dúbida contactar directamente con Stevo

Lido 192 veces