Sábado, 07 Febreiro 2026 16:24

Convocatoria Premios CSD-Carrera Dual 2025

              FGTM 100                

 

O CSD convoca os premios “CSD Carrera Dual” ano 2025 que tratan de valorar, tanto no ámbito escolar como no universitario, o esforzo de compaxinar unha carreira deportiva coa formación académica. Na convocatoria especifícanse requisitos e méritos a valorar referentes á tempada e curso 2024/25.


Existen dúas categorías: Como novidade este ano entran a valorarse tamén a quen estuda Formación Profesional  e Ensinanzas Artísticas Superiores:

- "Talento Dual - Educación Secundaria" (anos de nacemento 2007 – 2010) para quen cursase ESO, Bacharelato ou FP de Grao Medio no curso 2024/25.

- "Élite Dual - Enseñanza Superiores" para quen cursase no curso 20245/25 estudos universitarios ( grao, máster ou doutouramento), FP de Grao Superior ou Ensinanzas Artísticas Superiores.

A valoración que van aplicar ás candidaturas será: 

a) Rendemento académico (50%) no que se valorará:

I. Nivel de esixencia dos estudos cursados.

II. Cualificación obtida na nota media do curso académico.

b) Rendemento deportivo (50%) no que se valorará:

I. Nivel de esixencia da modalidade deportiva.
II. Resultados deportivos obtidos en competicións estatais e internacionais na tempada correspondente. 
Ademáis, nos dous ámbitos poderán valorarse circunstancias excepcionais que acrediten esforzo, conciliación ou dificultades especiais superadas.

Galicia só pode presentar unha candidatura a cada categoría polo que se pide a cada federación que presente, se considera que ten a alguén que cumpra cos requisitos, unha candidatura para cada categoría (Talento Dual e/ou Élite Dual):

Para cada candidatura deberán achegar a seguinte documentación

- Anexo de datos xerais, da categoría correspondente, cuberto. Achegámolos.

- Certificación de estudos oficial do curso 24/25. Este ano especifícase que se a certificación de estudos non reflicte a nota media do curso 24/25 non se considerará válida.

- Currículum deportivo no que consten só os resultados en probas de carácter nacional e internacional da tempada 24/25.

- Calquera outra circunstancia persoal de interese.

As candidaturas só poderán chegar a través da Federación e cada federación só poderá enviar unha candidatura por categoría e no prazo indicado arriba.

O prazo para enviar as candidaturas a finalizará o 20 de Febreiro de 2026 ás 14:00 h. Os candidatos deberán enviar a documentación requerida a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Convocatoria PREMIOS CSD PROAD-CARRERA DUAL 2025
3034817_2025_Anexo_E_SECUNDARIA
3034817_2025_Anexo_E_SUPERIOR

Lido 73 veces Modificado por derradeira vez o Domingo, 08 Febreiro 2026 17:13