PROCESO DE PARA SUBIR FOTO PERSONAL A LA WEB FGTM
Condicions previas:
A subida de imaxes é un proceso automático e non supervisado. Ao subir unha fotografía a esta plataforma, o usuario declara e garante que é o titular lexítimo dos dereitos da imaxe ou que conta coa autorización correspondente para o seu uso.
O usuario informa que os datos persoais facilitados, incluída a súa imaxe, serán tratados pola Federación Galega de Tenis de Mesa coa finalidade de xestionar a súa identificación nos lugares, soportes e documentos nos que figure o seu nome.
O usuario consinte expresamente o tratamento e uso da súa imaxe para a finalidade indicada, asumindo plena responsabilidade polo contido que sobe e eximindo á Federación Galega de Tenis de Mesa de calquera reclamación, dano ou prexuízo derivado do uso non autorizado de imaxes ou da posible infracción de dereitos de terceiros.
A Federación Galega de Tenis de Mesa resérvase o dereito de eliminar en calquera momento a imaxe subida e/ou iniciar os procedementos que considere oportunos no caso de que se detecte que a imaxe non é adecuada, resulta ofensiva, hiriente, de mal gusto ou contraria á normativa vixente, á legalidade ou aos principios da propia federación.
O usuario poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade nos termos legalmente establecidos.
A fotografía poderá ser enviada por aqueles particulares que teñan algún tipo de licenza tramitada na tempada en curso.
O proceso é automático, pero pode demorarse un tempo, ata máis dunha hora, na tramitación. Isto depende da carga da rede e doutros factores externos alleos á Federación.
Se, unha vez tramitado, non recibimos resposta no prazo de 24 horas, por favor envíe un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
RESTRICCIONES DE FORMATO DO ARQUIVO
- Peso non superior a 150Kb
- Formatos permitidos: Jpg, Jpeg, Png
PROCESO:
Enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. dende o enderezo que teñamos asociado á nosa licenza.
O correo debe conter un único arquivo, que será a fotografía que se desexe utilizar, respetando as restriccions de formato anteriormente expostas.
O correo debe ser persoal e estar asociado a unha única licenza. Se a licenza non ten un correo gardado, ou ten un do club, ou ben un correo asociado a varias licenzas, o proceso fallará e recibirase un correo de resposta indicando o erro.
NOTA: Para cambiar o correo persoal, débese falar cos delegados de cada club, xa que son eles os encargados de manter os datos correctos na base de datos da Federación.
Tanto se o proceso finaliza correctamente como se non, notificarase mediante correo electrónico.










