A través da Federación Galega de Tenis de Mesa, facémos chegar os recursos oficiais do proxecto DEIXA XOGAR, impulsado por UFEDEGA en colaboración con Juntos Invulnerables, có obxectivo de reforzar a prevención e a cultura do bo trato no deporte base galego.
Na páxina web do proxecto: www.deixaxogar.gal se atopa a información completa do proxecto, materiais descargables destinados a familias e entidades deportivas.
Poñemos a vosa disposición neste arranque do proxecto:
Guía para a prevención da violencia no deporte base: con contidos prácticos para familias e entidades deportivas.
Infografías para a súa implementación dixital e impresión para os distintos espazos deportivos galegos.
Solicitamos a vosa colaboración para:
Difundir a Guía e as infografías entre as vosas familias, grupos de comunicación e equipos.
Enlazar estes recursos na vosa páxina web ou redes sociais.
Imprimir e colocar as infografías nas instalación deportivas para reforzar a mensaxe preventiva.
Agradecemos a vosa implicación para que o deporte galego avance de maneira conxunta cara a espazos máis seguros, educativos e respectuosos.










