Venres, 06 Xaneiro 2023 16:23

Selección de Adestadores Campionato de España Escolar 2023

cesa
O Campionato de España Escolar (CESA) 2023 terá lugar en Liencres (Santander) do 6 ó 9 de Abril de 2023. A FGTM ten previsto acudir con 2 equipos infantís (masculino e feminino), 2 equipos cadete (masculino e feminino) e 1 equipo inclusivo. Todos aqueles adestradores interesados en acudir ó mesmo como responsables de algún destes equipos, poderán realizala súa solicitude mediante o formulario que se adxunta:
Preténdese que os adestradores seleccionados realicen un plan de traballo coa selección que se lle asigne: seguimento de xogadores/as, asistencia a concentraciónss de tecnificación, etc...
En caso de que houbese máis solicitudes que plazas, para a selección de adestradores teranse en conta criterios como (non necesariamente por esta orde): traxectoria como adestrador/a; posibilidade de contar con algún xogador do seu club ou varios nas seleccións finais; disponibilidade para desenrolar o plan de traballo coa selección asignada, etc...

Os adestradores interesados deberán cubir e enviar o seguinte formulario antes do 25 de Xaneiro de 2023:

Lido 536 veces Modificado por derradeira vez o Domingo, 19 Febreiro 2023 20:36