×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 391
JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 64
JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 68

Ligas

Publicamos a continuación a crónica elaborada pola Federación Española sobre os ascensos producidos neste fin de semá. Solo nos queda, como Xunta Directiva, felicitar aos equipos de Oroso e Arteal polos ascensos conseguidos, que súmanse aos logrados por outros equipos noutras ligas xa comentadas no seu día.
Modificado por derradeira vez o Luns, 19 Mai 2014 16:56
Dende a Xunta Directiva da Federación Galega queremos facer chegar a nosa felicitación aos equipos do CTM Cidade de Narón, Oroso TM e A.D. Vincios polo ascenso a División de Honra Feminina logrado este fin de semana, pero tampouco podemos esquecernos doutros grandes resultados, algúns históricos, como o 2º posto na liga de Super División Masculina logrado polo equipo do Arteal, ou os tres primeiros lugares da liga de División de Honra Masculina conseguidos polos equipos do Liceo Casino de Vilagarcía, Cambados e Oroso, sen que se nos esquece o primeiro lugar do Arteal en 1ª División Masculina, Oroso e Cidade de Narón en 2ª División Masculina, todo iso demostra a mellora do nivel galego e o grande traballo que están a realizar os clubs, a pesar dos momentos de penuria polos que estamos a atravesar, na que é, a mellor tempada de toda a historia dos clubs galegos, tanto polo número de equipos participantes, como polos resultados acadados.
Modificado por derradeira vez o Martes, 29 Abril 2014 00:14
Domingo, 27 Abril 2014 17:00

27/04/2014 - 2ª DIVISIÓN FEMININA

Resultados e clasificación final da liga de 2ª División Feminina.

Modificado por derradeira vez o Domingo, 27 Abril 2014 18:28

Só uns cantos clubs (menos do 10%) están a cumprir coa obriga de enviar as actas dos encontros cada semana, algúns o fan dun xeito parcial e a maioría non enviaron nin unha soa acta, entorpecendo deste modo a supervisión da correcta introdución destas na aplicación da páxina da galega.

Igualmente detectouse que nun número importante das actas enviadas non figura ningún árbitro, coa dificultade que iso entrañaría en caso de ter que resolver algunha reclamación. Por non dicir da obrigatoriedade de ter, polo menos, árbitros locais para dirixir os encontros en 3ª División Nacional Masculina e 1ª División Galega.

Polo tanto, dáse de prazo ata o próximo martes 19 de novembro para o envío destas, no caso contrario, enviarase ao Xuíz Único a relación das que falten para que actúe, tendo en conta a normativa vixente.

Modificado por derradeira vez o Martes, 12 Novembro 2013 18:01
Mércores, 16 Outubro 2013 10:00

MODELO DE ACTA DE EQUIPOS PARA AS LIGAS Destacado

No arquivo achego pódense baixar as actas de equipos a empregar nas distintas ligas

Modificado por derradeira vez o Mércores, 16 Outubro 2013 13:14
Unha vez corrixidos os erros ou suxestións recibidas, subíronse os calendarios definitivos das ligas de 3ª División Nacional masculina, 1ª División Galega e 2ª División Galega, subíndose así mesmo á aplicación das ligas.

Tamén se recorda que para calquera inclusión de xogadores nas distintas ligas teñen que poñerse en contacto con Antonio Lasén, mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Recórdase a obrigación de enviar vía mail ou correo ordinario a acta dos encontros disputados.

O novo local do equipo Tenis de Mesa Tuy participante na liga de 1ª División Galega Sur, atópase situado no CEIP nº2, Avenida da Concordia, S/N de Tui (entrada ao gimnasio pola porta/reja tralo novo pabellón de deportes).

Modificado por derradeira vez o Xoves, 31 Outubro 2013 23:08
Xoves, 18 Xullo 2013 00:00

3ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA

Recordamos que o día 20 de xullo finaliza o prazo de preinscrición das ligas de Primeira e Segunda División Galega.

Modificado por derradeira vez o Xoves, 18 Xullo 2013 00:45

A directiva da FGTM, congratulase dos ascensos de MONTE PORREIRO e CEIBE DE MONFORTE, á Primeira Nacional Masculina, que acompañan a GRUPO BARROS-CAMBADOS E SAN XOAN TM.

O SAN XOAN TM, tamén ascende á Segunda Nacional Masculina, logo de renuncias, ao estar de 1º reserva de todo o estado.

Parabéns a todos.

Modificado por derradeira vez o Xoves, 25 Xullo 2013 17:29
Dáse de prazo ata o día 24 de maio para corrixir os erros detectados nas actas das distintas ligas de 1ª, 2ª e 3ª División Galega.
O listado das actas con erros enuméranse no arquivo adxunto.
Páxina 8 de 8