Martes, 19 Decembro 2017 17:11

ANUNCIO INCOACIÓN CANCELACIÓN REXISTRAL - XUNTA DE GALICIA

AVISO CHEGADO POR CORREO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Hoxe publicouse no DOG o ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica o acordo de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Este ANUNCIO recolle, no seu anexo I, a relación de entidades que non teñen adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

No caso de que as entidades non procedan á adaptación no prazo de dous meses, procederase á súa cancelación rexistral, o que comportará a perda do recoñecemento oficial da entidade.

A publicación pode consultarse no seguinte enlace:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171218/AnuncioG0244-301117-0006_gl.pdf

Agradeceríamos se lle dea difusión a esta publicación para que a información chegue ao maior número de entidades posible.

Para facilitar o filtrado da listaxe achegámos un arquivo excel no que se inclúe tamén a modalidade. Esta modalidade é a que figura como principal nos últimos estatutos inscritos pola entidade no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. Pode darse o caso de que algunha entidade adscrita á vosa federación non apareza coa vosa modalidade ou non conste este dato.

Lido 2467 veces