Martes, 12 Novembro 2013 13:20

3ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA, 1ª E 2ª DIVISIÓN GALEGA

Só uns cantos clubs (menos do 10%) están a cumprir coa obriga de enviar as actas dos encontros cada semana, algúns o fan dun xeito parcial e a maioría non enviaron nin unha soa acta, entorpecendo deste modo a supervisión da correcta introdución destas na aplicación da páxina da galega.

Igualmente detectouse que nun número importante das actas enviadas non figura ningún árbitro, coa dificultade que iso entrañaría en caso de ter que resolver algunha reclamación. Por non dicir da obrigatoriedade de ter, polo menos, árbitros locais para dirixir os encontros en 3ª División Nacional Masculina e 1ª División Galega.

Polo tanto, dáse de prazo ata o próximo martes 19 de novembro para o envío destas, no caso contrario, enviarase ao Xuíz Único a relación das que falten para que actúe, tendo en conta a normativa vixente.

Lido 1340 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 12 Novembro 2013 18:01