Xoves, 01 Abril 2021 11:07

PROMOCION AGACAL

Se copia correo recibido de Agacal, y se adjuta fichero excel para su cumplimiento a los clubs que se quieran adherir.
Desde la FGTM entendemos que esta iniciativa podria cuadrar con los torneos de verano, caso de que este año se puedan realizar.

Desde o departamento de Promoción da Axencia galega de calidade alimentaria (Agacal) dependente da Consellería de Medio Rural, poñémonos en contacto con vostede para poder colaborar na promoción dos produtos galegos con indicativo de calidade a través dos eventos deportivos á vez que facemos que estes teñan un aliciente mais.

A Agacal entre os seus cometidos está o da promoción dos distintos produtos galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida así coma os produtos ecolóxicos ou outras marcas como é o caso do distintivo Galega 100x100 que identifica o leite producido en Galicia cuns estandares de calidade superiores aos mínimos esixidos. É precisamente neste último produto onde pensamos que poderíamos colaborar co mundo do deporte.

Gustaríanos que a nosa campaña de promoción, que consiste no reparto gratuito de minibricks de leite galega 100x100 nunha bolsa de papel e un cartaz informativo da marca, esté presente nos eventos deportivos que se celebren en Galicia. Estamos interesados sobre todo nos eventos nos que participen nenos e nenas aínda que non ten porque ser exclusivo para estos. Pensamos en eventos cun mínimo de 100-150 participantes.

Para poder planificar as competicións nos que estaríamos presentes precisamos coñecer por parte das federacións deportivas que estén interesadas na presencia da nosa campaña os seguintes datos do calendario de probas que teñan previsto para o ano 2021.

  • Deporte
  • Federación
  • Nome do evento
  • Lugar de celebración( concello e dirección)
  • Data do evento
  • número de participantes aproximado dividido por sexos
Lido 962 veces